Manos de padre y bebé

IDILIA PERSOAS
E PLANETA

En Idilia Foods estamos comprometidos co benestar das persoas e do planeta. O obxectivo do noso proxecto Idilia Persoas e Planeta é traballar en prol da sostibilidade social e ambiental. Por unha banda, apoiando o desenvolvemento e o benestar das persoas, tanto do noso equipo como das que residen nas contornas nas que operamos. Por outra banda, fabricando e distribuíndo co mínimo impacto no ambiente.

O noso programa de sostibilidade está aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU: fame cero, saúde e benestar, traballo decente e crecemento económico, produción e consumo responsables e acción polo clima.

IDILIA E
AS PERSOAS

En Idilia preocúpanos o benestar das persoas do noso contorno, e por iso lideramos proxectos propios de responsabilidade social, ademáis de participar en iniciativas que apoian o seu desenvolvemento.

FESBAL

A Fundación ColaCao quere contribuír a empoderar os nenos e as nenas para que obteñan o mellor de si mesm@s, e focalízase inicialmente nun dobre obxectivo: potenciar as súas singularidades e sensibilizar contra un dos grandes inimigos da diversidade infantil: o acoso escolar. Para iso, promove e implementa actividades sociais, divulgativas, educativas e de investigación.

Coñece mellor a fundación aquí.

O deporte no corazón da compañía

O fomento do deporte, como piar fundamental nun estilo de vida saudable, está na alma de Idilia Foods e das súas marcas. Trátase dunha práctica que contribúe ao benestar físico e emocional das persoas, tanto na infancia como na idade adulta. Os valores de empoderamento, respecto e colaboración en equipo, intrínsecos ao deporte, axúdannos a ser mellores cada día.

Desde as orixes das marcas de Idilia, hai máis de 75 anos, apoiamos a práctica deportiva, un compromiso que levou a ColaCao a converterse na primeira marca española en patrocinar uns Xogos Olímpicos, transformándose en alimento olímpico nos Xogos de Múnic de 1972. Este compromiso trasladámolo ao noso equipo interno, polo que impulsamos o programa Healthy & Happy, de fomento e mellora de hábitos de vida saudables.

Niños y niñas

Como socios fundadores do plan ADO (Apoio ao Deporte Olímpico) desde 1988, ampliamos os noso vínculo co olimpismo iniciando o patrocinio do equipo olímpico español.

En 2017 sumamos o patrocinio do equipo paralímpico coa adhesión ao programa ADOP (Apoio ao Deporte Obxectivo Paralímpico). Ademais, apoiamos o Plan de Apoio ao Deporte Base do Consello Superior de Deportes.

FESBAL

Na nosa contorna máis próxima, axudamos as familias que máis nos necesitan, motivo polo que desde hai máis de 30 anos colaboramos coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) doando produtos cos que encher as despensas deses fogares.

Manos y tierra

IDILIA E
O PLANETA

Na área de sustentabilidade medioambiental, o noso obxectivo é fabricar e distribuir co mínimo impacto.

Pese a partir xa de valores de impacto medioambiental moi baixos (a nosa fábrica usa técnicas mecánicas tradicionais para preservar a personalidade das nosas receitas), Idilia Foods quere seguir reducindo emisión, residuos e plásticos nas súas actividades de fabricación.

Rainforest Alliance People and Nature

O 90% do cacao que utilizamos para elaborar todos os produtos de Idilia Foods está certificado por Rainforest Alliance. Esta organización non gobernamental leva máis de 45 anos traballando pola sostibilidade ambiental e conta co maior programa de certificación do cacao sostible do mundo.

Os seus obxectivos son preservar a natureza e os ecosistemas dos campos onde medra o cacao e mellorar o medio de vida dos agricultores e agricultoras que se dedican ao seu cultivo.

O 100% da enerxía eléctrica da nosa fábrica é verde e estamos a traballar para seguir reducindo o noso impacto ambiental co foco posto en tres 3 aspectos:

- Eficiencia enerxética: o obxectivo é reducir nun 50% as emisións de CO2, autoxerar enerxía limpa coa instalación de placas solares na cuberta do noso complexo industrial (hoxe xa xeramos o 15% do total) e reducir nun 50% o consumo de auga.

- Xestión de residuos: o obxectivo é reducir nun 30% a xeración de residuos antes de 2023 e baixar do 1% o desperdicio alimentario.

- Sostibilidade nos envases: fomento da circularidade dos nosos envases a través da reutilización, do emprego de material reciclable e da redución do uso de plástico.

Oficina
Oficina
Oficina
BREEAM

A sostibilidade tamén é protagonista nas nosas oficinas centrais, que están certificadas co selo BREEAM, o método de avaliación da sostibilidade na edificación máis avanzado do mundo. Esta certificación garante unha construción máis sostible, que se traduce nunha redución do seu impacto no ambiente e no fomento do benestar e a saúde das persoas que traballan nel. Ademais, o 100% da enerxía que consome o edificio é verde.

As instalacións contemplan a reciclaxe integral, establecendo unha política de eliminación do uso do papel e con puntos de reciclaxe en todas as áreas das oficinas.

ADB
foro de marcas renombradas españolas
ADB
foro de marcas renombradas españolas