Política de privacidade e condicións de navegación

A utilización dos servizos e/ou contidos da presente páxina web implica a aceptación das condicións incluídas nesta Política de privacidade e condicións de navegación e o seu compromiso a respectalas.

I. Información xeral sobre a compañía

IDILIA FOODS- N.I.F. B-08100380

Inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona Domicilio Social: Rúa Lepanto, 410-414, Barcelona

Teléfono de contacto: 900101048

Correo electrónico de contacto: info@idilia.es

Os nomes de dominio idilia.es/idiliafoods.es/ son titularidade de IDILIA FOODS

II. Protección dos Datos Persoais e envío de comunicacións comerciais.

IDILIA FOODS comprométese a cumprir en todo momento a lexislación vixente en relación coa protección de datos persoais e, en particular, a Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), así como da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE).

A información e/ou datos que voluntariamente nos sexan facilitados a través da nosa web ou de perfís oficiais de IDILIA FOODS, S.L. en redes sociais ou a través dos servizos ou promocións de IDILIA FOODS,S.L. poderán ser incorporados ao ficheiro titularidade desta compañía coa finalidade de poder ofrecerlle e prestarlle os nosos servizos, así como para informalo das novas ofertas, produtos e servizos, realizar estudos e coñecer a súa opinión tanto por medios tradicionais como electrónicos (teléfono, e-mail, SMS, etc.).

O usuario pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e de oposición por correo postal dirixido IDILIA FOODS, r/ Lepanto nº 410-414 de Barcelona ou mediante correo electrónico a info@idilia.es indicando no asunto “Datos Persoais”. Con esta finalidade, será necesario especificar, polo menos, o nome e apelidos e enderezo de e-mail.

Agás no suposto de que IDILIA FOODS, S.L. lle informe expresamente de posibles cesións de datos a terceiros e obteña o seu consentimento, ningún terceiro alleo a IDILIA FOODS, S.L., salvo os supostos amparados pola lexislación vixente, terá acceso á información e/ou datos persoais dos usuarios da nosa web.

III. Menores de idade:

IDILIA FOODS, S.L. informa que non está permitido o rexistro de menores de 14 anos, e xa que logo a súa participación en accións promocionais que leve a cabo a nosa compañía respecto aos seus servizos e produtos.

IV. Confidencialidade e seguridade

IDILIA FOODS, S.L. comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os datos de carácter persoal do usuario, adoptando as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos. Pola súa parte, o usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique a IDILIA FOODS, S.L. e o seu compromiso de actualizar a información, de forma que responda en todo momento á súa situación real, sendo o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice, así como dos prexuízos que cause por iso a IDILIA FOODS, S.L. ou a terceiros.

V. Redes Sociais

IDILIA FOODS pode estar presente en redes sociais como Facebook ou Twitter mediante a creación de perfís sociais de IDILIA FOODS. O tratamento de datos dos usuarios que se fagan seguidores de perfís oficiais de IDILIA FOODS rexerase:

  1. polas políticas de privacidade e condicións de uso que con carácter específico se indiquen no perfil creado por IDILIA FOODS, S.L.
  2. polas condicións previstas na presente Política de Privacidade e Condicións de Navegación e
  3. polas políticas de privacidade e condicións de uso que teñan establecidas as propias redes sociais. En caso de conflito, aplicaranse con carácter preferente as normas específicas establecidas no perfil oficial de IDILIA FOODS, S.L. e no seu defecto polas presentes condicións..

IDILIA FOODS tratará os datos dos usuarios que se fagan seguidores ou fans de calquera dos seus perfís coa finalidade de administrar correctamente estes, coñecer as súas opinións e/ou comentarios así como informalos e facelos partícipes dos diferentes concursos, promocións e/ou eventos que se realicen pola compañía nos que participe o usuario. Ao se facer fan ou seguidor do perfil, o usuario consente no tratamento de datos no contorno da rede social de conformidade coas políticas de privacidade establecidas na mesma e no acceso de IDILIA FOODS, S.L. aos datos contidos na lista de fans ou seguidores nos termos antes mencionados.

IDILIA FOODS, S.L. poderá eliminar do seu perfil calquera información que vaia en contra das normas establecidas nas condicións xerais de uso da rede social así como en contra do previsto na presente Política de Privacidade e Condicións de Navegación. O usuario pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento, na forma descrita no apartado II relativo a Protección de Datos e envío de comunicacións comerciais. En todo caso, o usuario poderá deixar de ser seguidor da páxina oficial da rede social seguindo os pasos que se indiquen nas condicións de uso a rede social e sen que IDILIA FOODS, S.L. poida intervir nese proceso. Así mesmo, lémbrase que calquera modificación ou rectificación dos datos do usuario da rede social, deberá realizarse a través da configuración de usuario, sen que poida ser realizada por IDILIA FOODS, S.L. Para realizar calquera consulta en relación co tratamento de datos que se realiza dos seguidores en redes sociais dos perfís oficiais de IDILIA FOODS, S.L., o usuario poderá contactar a través do e-mail: info@idilia.es

VI. Uso de servizos e contidos

O Usuario obrígase a facer un uso correcto e lícito dos servizos e as informacións da páxina web titularidade de IDILIA FOODS, S.L. Así mesmo, naqueles servizos que poidan ser ofrecidos pola web ou perfís sociais de IDILIA FOODS, S.L. o usuario comprométese a non publicar, divulgar, difundir, comunicar ou distribuír ningún tipo de material e/ou, en xeral, información ou opinións, cuxos contidos sexan contrarios á legalidade vixente, á moral ou á Orde Pública, de contido difamatorio ou pornográfico, atenten contra o honor e imaxe de IDILIA FOODS, S.L. ou contra dereitos de terceiros ou, en xeral, poidan ferir a sensibilidade doutros visitantes ou usuarios. Queda así mesmo prohibido realizar calquera uso ou utilización da web, perfís sociais, foros, etc. coa finalidade de obter un ánimo lucrativo ou que, en xeral, poida supoñer un prexuízo ou un comportamento desleal con IDILIA FOODS, S.L. (por exemplo, desviar tráfico cara a outro site). Pola súa parte, IDILIA FOODS, S.L. non asume ningunha responsabilidade como consecuencia da incorrecta utilización da web que poida levar a cabo o usuario, tanto da información como dos servizos nela contidos e resérvase o dereito a modificar ou, no seu caso, retirar estes contidos ou informacións de forma inmediata, sen que iso dea lugar a indemnización de ningunha clase.

Así mesmo, IDILIA FOODS, S.L. resérvase a facultade de modificar, suspender, cancelar ou restrinxir o contido da web, os vínculos ou a información obtida a través dela, sen necesidade de aviso previo.

En ningún caso IDILIA FOODS, S.L. os seus directores e/ou apoderados e empregados serán responsables de calquera tipo de prexuízo, perdas, reclamacións ou gastos de ningún tipo, tanto se proceden, directa ou indirectamente, do uso e/ou difusión da web ou da información adquirida ou accedida por ou a través desta, ou dos seus virus informáticos, de fallos operativos ou de interrupcións no servizo ou transmisión ou de fallos na liña no uso da web, tanto por conexión directa como por vínculo ou outro medio, constituíndo a todos os efectos legais un aviso a calquera usuario de que estas posibilidades e eventos poden ocorrer.

IDILIA FOODS, S.L. non se fai responsable das webs non propias ás que se poida acceder mediante vínculos ou ligazóns (“links”) ou de calquera contido posto a disposición de terceiros.

IDILIA FOODS, S.L. non recomenda nin garante ningunha da/s información/s obtida/s por ou a través dun vínculo, nin se responsabiliza de ningunha perda, reclamación ou prexuízo derivado do uso ou mal uso dun vínculo, ou da información obtida a través del, incluíndo outros vínculos ou webs, da interrupción no servizo ou no acceso, ou do intento de usar ou usar mal un vínculo.

VII. Ligazóns

Queda prohibido establecer unha ligazón con, ou un contido de correo desde calquera URL ata a Web de IDILIA FOODS, S.L. (www.idilia.es/ www.idiliafoods.es ) sen o expreso permiso escrito.