Idilia Foods: máis de 70 anos apoiando o deporte

En Idilia Foods somos moito máis ca unha compañía de alimentación. Estamos comprometidos desde a orixe das nosas marcas –hai máis de 70 anos– co deporte e cos seus valores, como o traballo en equipo e a recompensa asociada ao esforzo. E é que marcas como Cola Cao e Nocilla proporcionan a enerxía necesaria para practicar deporte e repoñer forzas tanto no almorzo como na merenda.

A letra da “Canción del Negrito”, do mítico anuncio de Cola Cao emitido nos anos 60, xa facía referencia ás bondades do produto para os deportistas. Se naquela época o tomaba “el futbolista para entrar goles” e “los buenos nadadores”, tomárono posteriormente deportistas tan relevantes como Eddy Merckx, Emerson Fittipaldi, Mark Spitz, Rivaldo, Dani Pedrosa ou Rafa Nadal a través das súas campañas.

Foi nos Xogos Olímpicos de Munich (1972) cando Cola Cao se converteu en alimento olímpico, establecendo unha alianza que perduraría ata os nosos días. Colaboramos co Programa de Axuda ao Deporte Olímpico (ADO) desde a súa fundación, en 1988, co obxectivo de apoiar ao deporte español, e axudar aos seus deportistas a poder seguir traballando por mellorar a súa traxectoria día tras día.

As últimas campañas das marcas de Idilia Foods centráronse en salientar a importancia da práctica deportiva entre os máis pequenos, narrando historias reais e ficticias de superación e soños cumpridos. Daniel Stix, deportista parapléxico de 16 anos, ensinounos a soñar con Cola Cao, amosando que non existen retos imposibles cando un pon empeño. Pola súa parte, os mozos do equipo de baloncesto de Nocilla déronnos un exemplo sobre o papel da ilusión e a forza do equipo para acadar calquera meta.

En Idilia Foods seguiremos apostando polo deporte no futuro, traballando ao carón das nosas marcas día tras día, co incesante obxectivo de amosar a súa relevancia para pequenos e maiores e mais a valiosa aprendizaxe que podemos tirar del.

  • 2015

    Cola Cao é almorzo oficial de LaLiga

    desayuno oficial_01.2
  • 2015

    Nocilla é merenda oficial de LaLiga

    merienda oficial_02.2
  • 2014

    Nocilla é merenda oficial da Selección Española de baloncesto.

    nocilla1
  • 2010

    Inicio de campañas con historias reais de nenos deportistas

    colacao1
  • 2005

    Campaña de Rafa Nadal con Cola Cao

    colacao2
  • 2004

    Campaña de Dani Pedrosa con Cola Cao

    colacao3
  • 2000

    Campaña de Epi con Cola Cao

    colacaoepi_small
  • 1999

    Raúl realiza unha campaña de TV para Nocilla.

    nocilla2
  • 1998

    Iván de la Peña e Alfonso realizan unha campaña de TV con Nocilla.

    nocilla3
  • 1997

    Nocilla en colaboración co Consello Superior de Deportes presenta o Campionato de España Escolar.

    nocilla4_small
  • 1996

    Sergio Bartrina, campeón de snowboard, realiza unha campaña con Nocilla.

    nocilla5
  • 1990

    Epi, considerado un dos mellores xogadores de baloncesto dos 80, realiza varias campañas de TV con Nocilla.

    nocilla6
  • 1988

    Cola Cao apoia o Programa de Axuda ao Deporte Olímpico (ADO)

    colacao4
  • 1984

    Nocilla axuda ao Comité Olímpico Español a atopar a mascota para os Xogos Olímpicos dos Ánxeles.

    nocilla7
  • 1974

    Campaña de Cola Cao con Eddy Merckx

    colacao5_small
  • 1972

    Cola Cao convértese en alimento olímpico (XXOO de Múnic)

    colacao6
  • 1946

    Lanzamento Cola Cao

    colacao7