Calidade

Desde Idilia Foods temos un firme compromiso coa calidade. Por iso achegamos o mellor sabor coidando os perfís nutricionais dos nosos produtos, coa vocación de estar ao carón dos nosos consumidores e seguir alimentando xeracións día tras día.

A nosa misión é construír marcas líderes e poñer ao alcance dos consumidores os mellores produtos, guiados sempre polo noso compromiso ético de calidade. Para iso, buscamos a excelencia a través de:

  • Unha rigorosa selección e adecuada xestión dos provedores de materias primas e envases cos que poder producir alimentos que satisfagan as esixencias dos nosos clientes e consumidores.
  • Uns altos estándares para os nosos produtos buscando a máxima calidade e inocuidade alimentaria. Tomando como referencia as normas UNE – EN ISO 9001 e UNE- EN ISO 22000.
  • Un compromiso constante coa mellora continua dos nosos procesos e produtos, en busca da eficiencia sen perder a nosa esencia.
  • A innovación tomando como foco central ao consumidor, levando a cabo unha escoita activa das súas necesidades.
  • Unha comunicación clara, próxima e responsable co consumidor.
  • Unha atención próxima aos nosos clientes e consumidores, escoitando as súas suxestións, buscando nelas unha fonte de mellora.
  • A presenza dos nosos produtos alí onde se atope o consumidor.
  • Un compromiso coa sostibilidade que permita elaborar os nosos produtos dun xeito respectuoso co medio ambiente e coa redonda social.

Desde Idilia Foods comprometémonos a respectar o medio ambiente e por iso non utilizamos na elaboración dos nosos produtos ingredientes ou aditivos que sexan ou proveñan de organismos modificados xeneticamente (OMX).