Marcas

Idilia Foods
  • ADO

Idilia Foods é unha multinacional española enfocada a ofrecer produtos de alta calidade e apetecibles, para o almorzo e mais a merenda de toda a familia. Algunhas das nosas marcas forman parte das vidas das familias españolas desde hai anos, alimentando xeracións día tras día, achegando sempre o mellor sabor.

A nosa aposta pola calidade, o traballo ben feito e a proximidade co consumidor converteron as nosas marcas en líderes do sector alimentario no noso país. Pero en Idilia Foods somos moito máis ca unha compañía de alimentación. O apoio ao deporte é un dos nosos alicerces fundamentais e por iso está no corazón da nosa organización: Apoiamos o Equipo Olímpico Español, a través do Plan ADO.